
Feministas palestinas contra a violencia colonial e patriarcal. Unha introducción ao movemento Tal’3at
María González Flores
Martes 5 de marzo, ás 13:30 na Aula Magna da Facultade de Socioloxía da UDC
Nesta palestra falaremos sobre o movemento feminista palestino Tal’3at, que xudiu no 2019 en resposta a un episodio de violencia de xénero e convertiuse no primeiro movemento en mobilizar baixo un eslogan abertamente feminista e anticolonial a persoas en toda a Palestina histórica, e máis alá. Baixo a premisa «Non hai terra libre sen mulleres libres» as feministas palestinas mobilizáronse contra as violencias coloniais e patriarcais reclamando unha Palestina libre de ocupación e de violencias machistas.
María González Flores é investigadora predoutoral no programa de doutoramento en Ciencias Sociais e do Comportamento da UDC, especializada en impactos coloniais da industria das ONGs na zona SWANA (South West Asia & North Africa). Graduada en estudos árabes e islámicos (Universidad de Salamanca), mestrado en Relacións Internacionais e Estudos Africanos (Universidad Autónoma de Madrid) e activista feminista anticolonial. É membro do grupo de investigación ESOMI.

Conceptos y fechas clave de la magnífica conferencia de María González. ¡Infórmate!
• WANA –South West Asia and North Africa vs. MENA –Middle East and North Africa
• Metodología decolonial
• Extractivismo epistémico
• Prácticas securitarias
• Oenegización
• Nakba (1948)
• 1967: la guerra de los seis días
• Acuerdos de Oslo